Achegándonos ao LHC

INICIO CERN LHC FÍSICA NO LHC DETECTORES MODELO ESTÁNDAR EDUCACIÓN LIGAZÓNS NOVAS E MÁIS GLOSARIO

NOVAS: Siga as novas...

 AGRADECEMENTOS
 


Primeiro de todo queremos expresar o nosos agradecemento aos estudantes, dos que sempre aprendemos e cos que sempre aprendemos.

Desexamos expresar o nosos máis fondo agradecemento ao CERN por permitir incluir nestas páxinas informacións, datos, textos e imaxes dos seus diferentes sitios Web.

A nosa especial gratitude a Jorge Gabriel Morales Rey como webmaster, e pola súa axuda, comentarios, suxerencias, melloras e correccións destas páxinas Web.

Moitas grazas a Ian Barry e a Emily Amburgey pola súa axuda coa traduzón ao inglés de parte dos textos que aparecen nestas páxinas. Os erros que sexan atopados son unicamente imputables a nós.

Tamén agradezo a axuda de Mar Capeans Garrido, José Angel Hernando Morata, Hugo Ruiz e Marcos Mariño, físicos do CERN, por dedicarnos parte do seu moi ocupado tempo.

Un agradecemento moi especial para Maurizio Vretenar, Linac4 Project Leader, por presentarnos o novo acelerador lineal, Linac4.

Grazas a Natalia Abelenda Lameiro polas súas correccións e comentarios para algunhas das páxinas web deste sitio.

Finalmente, expresamos a nosa gratitude ao CERN por permitir participar no High School Teachers Programme 2003. Grazas a esta iniciativa, que comezou en 1998, centenares de profesores teñen a oportunidade de coñecer o CERN e o LHC.

Moi especiais grazas a Mick Storr, Michelangelo Mangano e Gron T. Jones como responsables do HST2003.


HST 2003


Como resultado do HST Programme o ensino da Física de Partículas está sendo promovida nos centros de secundaria e esta web pretende contribuir a este obxectivo.

 



© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO | Deseño orixinal de Gabriel Morales Rey