Dato 1) Cando o tunel de 27 km foi excavado entre o Lago de Xenebra e o macizo do Jura, os dous finais atopáronse cunha precisión de 1 cm.
Dato 2) Cada un dos 6300 filamentos superconductores de niobio–titanio do cable producido para o LHC ten uns 0.006 mm de espesor, é dicir unhas 10 veces máis fino que un cabelo humano.
Dato 3) Se se unisen un detrás do outro todos os filamentos de Nb-Ti, a lonxitude obtida sería abondo para ir ao Sol e volver e aínda sobraría para unhas viaxes máis á Lúa.
Dato 4) A zona central do LHC é a máquina frigorífica máis grande do mundo. A unha temperatura máis fría que no profundo espazo exterior, contén ferro. aceiro e todos os importantes imáns superconductores.
Dato 5) A presión interior nos tubos por onde circulan os protóns é unhas dez veces máis baixa que a da superficie lunar. Trátase de ultravacío.
Dato 6) Os protóns a máxima energía no LHC viaxan a 0.999999991 veces a velocidade da luz. Cada protón dará no anel de 27 km máis de11000 voltas por segundo.
Dato 7) Á enerxía máxima, cada un dos feixes de protóns no LHC terá unha enerxía equivalente á dun tren de alta velocidade de 400 toneladas circulando a 200 km/h. Esta enerxía abonda para fundir 500 kg de cobre.
Dato 8) Non hai solpor na colaboración ATLAS. Os científicos que traballan neste experimento proceden de todos os continentes a excepción da Antártica.
Dato 9) O sistema magnético do detector CMS contén unhas 10000 toneladas de ferro, o que representa máis cantidade dese metal que o que hai na Torre Eiffel.
Dato 10) Os datos rexistrados por cada experimento no LHC son suficientes para encher aredor de 100000 DVDs cada ano.