|
As orixes do CERN remóntanse a 1949, cando o físico francés Louis de Broglie propuxo establecer un novo laboratorio europeo para deter o éxodo de físicos desde Europa a EEUU. Un ano despois, na conferencia da UNESCO en Florencia, o físico estadounidense Isidor Rabi proporía unha resolución que invitase a UNESCO "a asistir e a animar cara a formación e a organización de centros e de laboratorios rexionais para aumentar e facer máis fructífera a colaboración internacional de científicos".
A resolución foi unanimente adopteda e, despois doutras dúas conferencias da UNESCO, 11 países europeos acordaron a creación dun provisional Conseil Européene pour la Recherche Nucléaire (CERN). O novo consello reuníuse en Amsterdam e un lugar preto de Xenebra foi seleccionado. Aínda que xa en 1953 comezaron os experimentos no primeiro acelerador construído, non foi formalmente ata o 29 de Septembro de 1954 que o CERN foi constituído como tal a partir da ratificación dos primeiros 12 estados membros.
|
|
Eses 12 estados membros foron Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Holanda, Noruega, Suecia, Suiza, o Reino Unido e Xugoslavia. Dende entón Xugoslavia desapareceu e Austria, España, Portugal, Finlandia, Polonia, Hungría, Eslovaquia, a República Checa e Bulgaria foron ingresando elevando o número de países ata os 20 actuais.
España realmente deixou o CERN en 1969 ingresando de novo en1983.
India, Israel, Xapón, a Federación Rusa, Turquía e EEUU teñen o estatus de observador, así como a UE e a UNESCO.
Estímase que a metade dos 13000 físicos de partículas do mundo están involucrados en experimentos do CERN. Arredor de 4500 son dos 20 estados membros, e outros proceden de Rusia (744), EEUU (586) e Xapón (103).
|

|
|
O sitio principal está en Meyrin (6 km de Xenebra) pero sobre a fronteira franco-suiza e hai un segundo sitio en Prevessin (Francia).
A maior parte dos 27 km do Large Hadron Collider está en Francia: a sala de control está en Prevessin e todos os detectores agás ATLAS, están tamén en (ou mellor dito, baixo) chan francés.
|