Por tanto, cada protón acada unha enerxía final máxima de 7 TeV no LHC.
Tomando en consideración a voltaxe aplicada non aparato de televisión, farían falla 350 millóns de TV "conectados en serie" para conseguir esa enerxía.
Cun tamaño medio duns 12 cm no tramo acelerador dun TRC, estamos a falar dunha lonxitude de:
0,12 x 350·106 ~ 40·106 m (40000 km !).
Polo tanto este "acelerador circular" daría a volta a Terra pola liña do ecuador.

Daquela o complexo de aceleradores do CERN non é tan grande, non si?
Aínda podemos levar a comparación máis lonxe. Tomemos como alimentador de voltaxe unha pila ou batería común de 1,5 V.
ELHC / EPila = 4.7×1012.
Así que estamos falando de case 5 billóns de baterías ou pilas. Cun tamaño de cada pila duns 5 cm, a lonxitude total desa particular montaxe sería:
4.7×1012×0,05 ~ 2,3·1011 m (230 millóns de km!).
Ese acelerador sería moito máis largo que a distancia entre o Sol e a Terra (150 millóns de km). En forma circular describiría un círculo arredor da Tirra cun radio 100 veces maior que o da órbita da Lúa.

Só con estas dúas comparacións que vimos de facer xa nos podemos facer unha idea do esforzo tecnolóxico que hai detrás deste enorme dispositivo que constitúe o maior experimento da Historia.