|
O tempo de arranque do LHC deberías ser levado a cabo no menor tempo posible. O período básico pode ser reducido a partir de ciclos máis curtos no PSB e PS. Ademais, o tempo de aceleración no SPS pode ser tamén reducido. Deben ser utilizados todos os medios para diminuir as pérdidas no feixe de protóns. No SPS, isto inclúe o aumento dos picos de potencia nas cavidades RF. Un posible programa de consolidación dos imáns do SPS poderían proporcionar a mellora da impedancia e reducir a xeración de nubes de electróns nos feixes por modificación da cámara de baleiro. Os estudios no SPS axudarán a confirmar o interese dun novo sincrotrón de ~50 GeV que substitúa ao PS. A medio prazo, un novo acelerador lineal (Linac4) debería evitar os problemas na inxección no PSB. Isto faría posible a regular aportación de feixes no LHC, reducindo o tempo de posta en marcha e contribuíndo positivamente na fiabilidade do complexo inxector.
|