|
Os profesores e profesoras de Física de Ensino Secundario adoitan mencionar o LHC ou o CERN basicamente debido ao enorme tamaño dos dispositivos utilizados e tamén á gran cantidade de científicos e científicas involucrados no seus experimentos.
Imaxes impresionantes do acelerador ou dos detectores aparecen nos libros de texto para acompañar o inicio dun determinado tema. Sendo esta aproximación correcta, pois pode espertar a curiosidade dos alumnos e alumnas, é porén incompleta dadas as posibilidades didácticas que se pode derivar do estudo dos fenómenos que están presentes neste experimento.
O obxectivo desta Sección é introducir uns poucos cálcuilos simples sobre a física que está detrás dalgúns dos fenómenos que teñen lugar no LHC.
Poden ser usados no aula para estimular a curiosidade dos estudantes, axudarlles a entender os conceptos físicos, e como un exemplo da relación existente entre "as frías ecuacións" da física no encerado, e o excitante traballo que hai detrás da investigación científica.
Os cálculos que ides atopar nesta Sección están adaptados á Física de Secundaria e en moitos casos non son máis que moi simples aproximacións aos resultados correctos.
Se se atopasen erros non se dubide en facérnolo saber para que tentemos arranxálo o máis axiña posible.
Se se desexa unha máis específica información débese ir aos respectivos websites do CERN, LHC e os seus experimentos.
|