|
Cada protón no seu paso polas cavidades RF é afectado por:
2 x 8 MV = 16 MV
Entón, o protón recibe unha enerxía extra de: 16 MeV
Como cada protón realiza 11245 voltas por segundo a enerxía total recibida por segundo é:
(16 MeV/volta) x (11245 volta/s)= 1.8·105 MeV/s ou 0.18 TeV/s (1)
Desde o SPS cada protón entra no LHC con 0.45 TeV , polo que a enerxía que as cavidades deben proporcionar é:
7 - 0.45 = 6.55 TeV
A partir de (1) podemos calcular o tempo requerido para alcanzar a máxima enerxía:
6.55 / 0,18 = 36,4 s
O resultado correcto é de arredor de 20 minutes. A razón desta diferencia é debida, en parte, a que os protóns non son afectados de forma total pola voltaxe en cada paso. Por iso é preciso un maior tempo. Ademais, o importante non é reducir ese tempo senón que as cavidades cumpran o seu outro obxectivo, manter os paquetes de protóns o mais compacto posible para conseguir o maior número de colisións nos cruces dentro dos detectores.
|