Achegándonos ao LHC

INICIO CERN LHC FÍSICA NO LHC DETECTORES MODELO ESTÁNDAR EDUCACIÓN LIGAZÓNS NOVAS E MÁIS GLOSARIO

NOVAS: Siga as novas...

 FUTURO PRÓXIMO
 

Os estudos e investigacións levadas a cabo en todo o mundo por mor da construcción do LHC teñen sido fundamentais á hora de impulsar a tecnoloxía da superconducción a un moi alto nivel, pero tamén ten amosado claramente que a tecnoloxía baseada na aleación NbTi ten acadado o seu límite de funcionamento (arredor de 9T). Para ir máis aló (e cruzar o limiar dos 10 T mantendo as marxes operacionais de temperatura), faise preciso cambiar de material superconductor.

Nb3Sn é o único material superconductor que pode ser seriamente considerado nun horizonte dunha decena de anos e coa perspectiva do 2015 para reemprazar os imáns nas rexións de interacción. O Nb3Sn ten o potencial para operar nun rango de 10 a 15 T, pero ten a desvantaxe de que unha vez formado vólvese quebradizo e moi sensible á tensión.
Nos EEUU, o Departamento de Enerxía ten promovido notables esforzos en I+D no campo do Nb3Sn para os próximos anos. Estas actividades están coordinaadas polo programa chamado US-LHC Accelerator Research Program (LARP).
En paralelo, un consorcio de 7 institutos europeos (CCLRC/RAL no Reino Unido, CEA en Francia, CERN, CIEMAT en España, INFN en Italia, Twente University en Holanda e Universidade de Tecnoloxía de Wroclaw en Polonia) están traballando no chamado Next European Dipole (NED). Esta actividade común de investigación está incluída no Coordinated Accelerator Research Projecte (CARE) financiado en parte pola Comisión Europea.

Os obxectivos de NED e LARP son totalmente compatibles e complementarios. Máis que competir, os seus propósitos son sinerxéticos, e apóianse entre sí. Ámbolos dous contan con todo o apoio desde o CERN.


Inicio ...... 1 - 23

© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO | Deseño orixinal de Gabriel Morales Rey