Achegándonos ao LHC

INICIO CERN LHC DETECTORES FÍSICA NO LHC MODELO ESTÁNDAR LIGAZÓNS

-

 ATLAS
 


O detector ATLAS (A Toroidal LHC ApparatuS) é o máis grande detector na Física de Partículas adicado a propósitos xerais (designado para "ver" un amplo rango de partículas e fenómenos producidos nas colisións no LHC). Mide 46 metros de longo, 25 metros de alto e 25 metros de ancho; pesa 7000 toneladas e consiste en 100 millóns de sensores para medir as partículas que xurdirán das colisións protón-protón no LHC. A primeira peza do ATLAS foi instalada no 2003 e derradeira peza foi baixada en marzo de 2008, completándose así o xigantesco puzzle.


ATLAS podería dar resposta á misteriosa "materia e enerxía escura" e buscar dimensión extra no espazo-tempo Está deseñado para ser quen de descubrir novas partículas e novos fenómenos esperados como extensións do Modelo Estándar como a supersimetría, e ser quen de observar o Bosón de Higgs .

Se o campo de Higgs non é a resposta buscada para entender a masa das partículas, agárdase que o experimento ATLAS guiará aos físicos na correcta dirección.

Algúns cálculos ...  


 
ATLAS é unha colaboración mundial que implica a uns 2100 científicos e enxeñeiros de 167 institucións de 38 países. Son: Arxentina, Armenia, Australia, Austria, Azerbaian, Belarrusia, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, República Checa, Dinamarca, Francia, Xeorxia, Alemaña, Grecia, Hungría, Israel, Italia, Xapón, Marrocos, Holanda, Noruega, Polonia, Portugal, Romania, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Taiwan, Turquía, Reino Unido e EEUU.




© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO | Deseño orixinal de Gabriel Morales Rey