MoEDAL (the Monopole and Exotics Detector At the LHC) é o máis novo dos experimentos que Investigará as colisións no Large Hadron Collider. Aprobado polo CERN en Decembro de 2009, o experimento MoEDAL irá a búsqueda de partículas moi exóticas: monopolos magnéticos e partículas masivas (SMPs). Ten unhas dimensións modestas e estará ubicado na caverna na que se atopa o experimento LHCb, máis exactamente engadido ao VELO.
MoEDAL é unha colaboración formada por físicos de Canada, CERN, a Républica Checa, Alemania, Italia, Rumanía e os EEUU, e está preparando a instalación do detector durante a longa parada do, LHC que comezará a finais de 2011. O detector componse dun conxunto de aproximadamente 400 detectores nucleares de trazas (NTDs). Cada NTD consiste nun apilamento de 10 capas de plástico o que da unha superficie equivalente de 250 m2. MoEDAL estará desplegado na rexión de intersección no Punto-8 do LHC onde está o VErtex LOcato (VELO) do detector LHCb.