Achegándonos ao LHC

INICIO CERN LHC FÍSICA NO LHC DETECTORES MODELO ESTÁNDAR EDUCACIÓN LIGAZÓNS NOVAS E MÁIS GLOSARIO

 NOVAS
 
Os tres primeiros anos de funcionamento do LHC rematan con éxito.

Xenebra, 14 Febreiro de 2013. Ás 7.24am, o CERN1 Control Centre extraeu os feixes de partículas do Large Hadron Collider, rematando así exitosamente os primeiros tres anos de funcionamento da máquina. O LHC comeza agora a súa primeira longa parada LS1. Nos vindeiros meses importantes traballos de mellora e de mantemento serán levados adiante e toda a cadea de aceleradores do CERN, e tamén nos propios experimentos. Na segunda metade de 2014 o complexo de aceleradores comezará a ser reiniciado, e en 2015 o LHC estará de novo en funcionamento a más altas energías.

CERN Updates February 2013.

2013: case que todo por chegar no LHC. Que é o vindeiro no Large Hadron Collider? Os experimentos no LHC teñen xa mostrado moi importantes descubrimentos, pero o maior acelerador de partículas está apenas nos seus inicios. A longa parada ata finais do 2014 permitirá aos científicos, enxeñeiros e técnicos, mellorar a máquina para que, nos inicios de 2015, funcione preto do máximo da enerxía á que foi deseñado .  A tal enerxía será posible ver eventos aínda máis interesantes.

Symmetry. February, 2013.

Primeiras colisións p-Pb no LHC no 2013. O 21 de xaneiro, despois dunha semana de probas con feixes de protóns e ions de Pb, o equipo do LHC declarou "feixes estables" producíndose as primeiras colisións de 2013 entre protóns e ións de Pb. Estas colisións marcan o arranque deste tipo de colisións que van estar en activo ata febreiro, cando o LHC  inicie os seus dous anos de longa parada técnica.

CERN, January 2013.

Os descubrimentos continúan. O ano 2013 será un ano de novos proxectos e datos en Física de Partículas. O Large Hadron Collider estará en fase de melloras e posta a punto para acadar colisións a máis altas enerxías, e continuará co estudo da inmensa cantidade de datos rexistrados no 2012. Dark Energy Survey pronto estará mapeando o universo para axudar a descifrar o misterio da materia escura. O experimento NOvA comezará os seus estudos sobre as estranas propiedades dos neutrinos. O Large Underground Xenon arrancará a súas investigacións na procura dos silenciosos sinais da materia escura. Tamén sufrirá melloras a SuperB "factoría" Belle-II. Outros experimentos e análises respostarán a cuestións sobre a materia e enerxía escuras, as propiedades dos neutrinos, a asimetría materia-antimateria, a física máis aló do Modelo Estándar, os enigmas dos raios cósmicos, e moito máis.

  

SYMMETRY. January 2013.

O espazo entre os paquetes de protóns reducido á metade. O feixe de protóns no LHC non é unha liña contínua de partículas, senón que está dividido en centos de paquetes de protóns. Cada un deles contén máis de cen mil millóns de protón, e ten un tamaño de poucos centímetros de longo. A mediados de decembro de 2012 o espazo entre paquetes foi reducido á metade, acadando os 25 nanosegundos, de acordo coa especificación final de deseño do LHC. Duplicouse así o número de paquetes, alcanzándose o record de 2748. A enerxía dos protóns foi de 450 GeV e sen colisións. Poteriormente, houbo varias horas de física xa con 396 paquetes por feixe, pero espazados por 25 nanosegundos, e cunha enerxía de 4 TeV por protón.

CERN PRESS RELEASE December 2012

LHCb presenta evidencias dun raro decaemento de hadróns B. A Colaboración Large Hadron Collider beauty (LHCb) ven de presentar evidencias dun dos máis raros decaementos observados ata o de agora no LHC. Este achádego foi comunicado no Hadron Collider Physics Symposium in Kyoto, Xapón (Novembro 2012). O Modelo Estándar da Física de partículas predí que o mesón B0S , resultado da unión dun antiquark "b" e un quark "s", debería decaer nun  muóns (μμ) arredor de 3 veces de cada 109 decaementos. As medidas no LHCb, a partir da análise de datos de 2011 e parte de 2012, proprociona un valor de (3.2+1.5-1.2) × 10-9.  Trátase, daquela, dun resultado nun acordo extraordinario coa predición.

CERN BULLETIN, November 2012


 NOVAS ANTERIORES
 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO | Deseño orixinal de Gabriel Morales Rey