Futuro próximo

Achegándonos ao LHC

Os estudos e investigacións levadas a cabo en todo o mundo por mor da construcción do LHC teñen sido fundamentais á hora de impulsar a tecnoloxía da superconducción a un moi alto nivel, pero tamén ten amosado claramente que a tecnoloxía baseada na aleación NbTi ten acadado o seu límite de funcionamento (arredor de 9T). Para ir máis aló (e cruzar o limiar dos 10 T mantendo as marxes operacionais de temperatura), faise preciso cambiar de material superconductor.


Nb3Sn é o único material superconductor que pode ser seriamente considerado nun horizonte dunha decena de anos e coa perspectiva do 2015 para reemprazar os imáns nas rexións de interacción. O Nb3Sn ten o potencial para operar nun rango de 10 a 15 T, pero ten a desvantaxe de que unha vez formado vólvese quebradizo e moi sensible á tensión.
Nos EEUU, o Departamento de Enerxía ten promovido notables esforzos en I+D no campo do Nb3Sn para os próximos anos. Estas actividades están coordinaadas polo programa chamado US-LHC Accelerator Research Program(LARP). 
En paralelo, un consorcio de 7 institutos europeos(CCLRC/RAL no Reino Unido, CEA en Francia, CERN, CIEMAT en España, INFN en Italia, Twente University en Holanda e Universidade de Tecnoloxía de Wroclaw en Polonia) están traballando no chamado Next European Dipole (NED). Esta actividade común de investigación está incluída no Coordinated Accelerator Research Projecte(CARE) financiado en parte pola Comisión Europea.
 

Os obxectivos de NED e LARP son totalmente compatibles e complementarios. Máis que competir, os seus propósitos son sinerxéticos, e apóianse entre sí. Ámbolos dous contan con todo o apoio desde o CERN.

AUTORES


Xabier Cid Vidal, Doutor en Física de Partículas (experimental) pola USC. Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembro de 2015. Actualmente está no Depto de Física de Partículas da USC  ("Ramon y Cajal", Spanish Postdoctoral Senior Grants).

Ramon Cid Manzano, profesor de Física e Química no IES de SAR de Santiago de Compostela, e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. É licenciado en Física e en Química, e é Doutor pola Universidade de Santiago (USC).

CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···