Achegándonos ao LHC
Esta é unha lista de Físicos Premios Nobel que teñen estado relacionados coa Física de Partículas. (Nobelprize.org).
1906 |
Joseph John Thomson (1856-1940) "En recoñecemento polos seus grandes méritos na investigación experimental e teórica na conducción da electricidade nos gases" |
![]() |
1908 |
Ernest Rutherford (1871-1937)
(Laureate in Chemistry)
"Polas súas investigacións na desintegracións dos elementos e na química da substancias radiactivas" |
![]() |
1918 |
Max Karl Ernst Ludwig Planck (1858-1947) "En recoñecementos polos servizos prestados para o avance da Física co descubrimento dos cuantos de enerxía" |
![]() |
1921 |
Albert Einstein (1879-1955) "Polos seus servizos na Física Teórica, e especialmentef polo su descubrimento da lei do efecto fotoeléctrico" |
![]() |
1923 |
Robert Andrews Millikan (1868-1953) "Polo seu traballo relativo a carga elemental de electricidade e no efecto fotoeléctrico" |
![]() |
1927 |
Charles Thomson Rees Wilson (1869-1959) "Polo seu método de visualizar o paso da partículas cargadas mediante a condensación de vapor" |
![]() |
1932 |
Werner Karl Heisenberg (1901-1976) "Pola creación da Mecánica Cuántica, apliación da cal, entre outras, levou ao descubrimento das formas alotrópicas do hidróxeno" |
![]() |
1933 |
Erwin Schrödinger (1887-1961) Paul M.A. Dirac (1902-1984) "Polo descubrimento dunha productiva nova forma da Teoría Atómica" |
![]() ![]() |
1935 |
James Chadwick (1891-1974) "Polo descubrimento do neutrón" |
![]() |
1936 |
Carl David Anderson (1905-1991) "Polo descubrimento do positrón"
|
![]() |
1938 |
Enrico Fermi (1901-1954) "Pola súa demostración da existencia de novos elementos radiactivos producidos por irradiación neutrónica, e polos descubrimentos relacionados coas reacción nucleares levadas a cabo con neutróns lentos" |
![]() |
1939 |
Ernest Orlando Lawrence ( 1901-1958) "Pola invención y o desenvolvemento do ciclotrón e os resultados obtidos con él, especialmente respecto aos elementos radioactivos artificiais" |
![]() |
1945 |
Wolfgang Pauli (1900-1958)
"Polo descubrimento do Principio de Exclusión, tamén chamado Principio de Pauli"
|
![]() |
1948 |
Patrick Maynard Stuart Blackett (1897-1974) "Polo seu desenvolvemento do método da cámara de néboa de Wilson , e os seus descubrimentos no campo da física nuclear e radiación cósmica" |
![]() |
1949 |
Hideki Yukawa (1907-1981) "Pola súa predicción da existencia dos mesóns sobre as bases do traballo teórico en forzas nucleares" |
![]() |
1950 |
Cecil Frank Powell (1903-1969) "Polo seu desenvolvemento do método fotográfico no estudo de procesos nucleares e os descubrimentos realizados con ese métodos dos mesóns" |
![]() |
1951 |
John Cockcroft (1897-1967) Ernest Walton (1903-1995) "Polos seus traballos pioneiros na transmutación de núcleos atómicos mediante partículas aceleradas artificialmente" |
![]() ![]() |
1957 |
Chen Ning Yang (1922- ) Tsung-Dao Lee (1926- ) "Polas sus investigacións nas chamadas leis da paridade, as cales teñen levado a importantes descubrimentos en física de partículas" |
![]() ![]() |
1960 |
Donald Arthur Glaser (1926- ) "Pola invención da cámara de burbullas" |
![]() |
1961 |
Robert Hofstadter "Polos seus pioneiros estudos da dispersión de electróns en núcleos atómicos e polos seus descubrimentos da estructura dos nucleóns" |
![]() |
1963 |
Eugene Paul Wigner "Pola súa contribución á teoría dos núcleos atómicos e as partículas elementais, particularmente a través do descubrimento e aplicación de principios fundamentais de simetría" |
![]() |
1965 |
S. Tomonaga (1906-1979) Julian Schwinger (1918-1994) Richard P. Feynman (1918-1988) "Polos seus traballos fundamentais en electrodinámica cuántica, con profundas consecuencias na física das partículas elementais" |
![]() ![]() ![]() |
1968 |
Luis Walter Alvarez (1911-1988) "Polas súas decisivas contribucións na física de partículas, en particular o descubrimento dun gran número de resonancias, feitas grazas ao desenvolvemento de técnicas usando a cámra de burbullas de hidróxeno e a análise de datos" |
![]() |
1969 |
Murray Gell-Mann (1929-2019 ) "Pola súas contribucións e descubrimentos no campo da clasificación das partículas elementais e as súas interaccións" |
![]() |
1976 |
Burton Richter (1931- ) Samuel Chao Ch.Ting (1936- ) "Polos seus pioneiros traballos no descubrimento dunha nova clase de partículas elementais pesadas" |
![]() ![]() |
1979 |
Sheldon L. Glashow (1932- ) Abdus Salam (1926-1996) Steven Weinberg (1933- ) "Polas súas contribucións á teoría da unificación da interacción feble e electromagnética entre partículas elementais, incluíndo, entre outras, a predicción da corrente neutra feble" |
![]() ![]() ![]() |
1980 |
James Watson Cronin (1931-) Val Logsdon Fitch(1923-) "Polo descubrimento da violación de principios fundamentais de simetría no decaemento dos mesóns K neutros" |
![]() ![]() |
1984 |
Carlo Rubbia (1934- ) Simon van der Meer (1925- ) "Polo descubrimento da violación de principios fundamentais de simetría no decaemento dos mesóns K neutros" |
![]() ![]() |
1988 |
Leon. M. Lederman (1922- ) Melvin Schwartz (1932-2006) Jack Steinberger (1921- ) "Polo método do feixe de neutrinos e a demostración das estructura de doblete dos leptóns co descubrimento do neutrino muónico" |
![]() ![]() ![]() |
1990 |
J. I. Friedman (1930- ) Henry W. Kendall (1926-1999) Richard E. Taylor (1929- ) "Polas súas pionerais investigacións relativas á dispersión de electróns por protóns e neutróns, as cales foron de esencial importancia para o desenvolvemento do modelo quark na Física de Partículas" |
![]() ![]() ![]() |
1992 |
Georges Charpak (1924- ) "Pola súa invención e desenvolvemento de detectores de partículas, en particular da cámara de fíos proporcional" |
![]() |
1995 |
Martin L. Perl (1927- ) Frederick Reines (1918-1998) "Polos seus pioneiros traballos expermintais na física dos leptóns" |
![]() ![]() |
1999 |
Gerardus 't Hooft (1946- ) Martinus J.G Veltman (1931-) "Pola elucidación da estructura cuántica da interacción feble" |
![]() ![]() |
2002 |
Raymond Davis (1914-2006) Masatoshi Koshiba (1926-) "Polas súas pioneiras contribucións en astrofísica, en particular na detección de neutrinos cósmicos" |
![]() ![]() |
2004 |
David Jonathan Gross (1941-) H. David Politzer (1949-) Frank Wilczek (1951-) "Polo descubrimento da liberdade asintótica na teoría da interacción forte" |
![]() ![]() ![]() |
2008 |
Yoichiro Nambú (1921-) Makoto Kobayashi (1944) Toshihide Maskawa (1940) "Polo decubrimento do mecanismo da rotura espontánea de simetría en física de partículas" e "polo descubrimento da orixe da rotura de simetría que predí a existencia de alomenos tres familias de quarks na natureza" |
![]() ![]() ![]() |
2013 |
François Englert (1932-) Peter W. Higgs (1929) "Polo descubrimento teórico do mecanismo que contribúe á nosa comprensión da orixe da masa das partículas subatómicas, e que recentemente foi confirmado polo achádego da partícula fundamental asociada, obtido nos experimentos ATLAS e CMS do acelerador LHC do CERN". |
![]() ![]() |
2015 |
Takaaki Kajita (1959 - ) Arthur B. McDonald (1943 - ) “Polo descubrimento das oscilacións dos neutrinos, que demostra que os neutrinos teñen masa”. |
![]() ![]() |
Poden tamén seren considerados pola súa relación coa Astrofísica estoutros premiados co Nobel:
- Victor Franz Hess (1936) "Polo descubrimento da radiación cósmica".
- Arno Allan Penzias and Robert Woodrow Wilson (1978) "Polo descubrimento da radiación de fondo cósmico".
- John C. Mather and George F. Smoot (2006) "Polo descubrimento da anisotropía e a forma de corpo negro da radiación cósmica de microondas".
E relacionados coa Suporconductividade -moi presente no LHC- deben ser mencionados:
- Heike Kamerlingh Onnes (1913) " Polas súas investigacións nas propiedades da materia a baixa temperatura que levou, entre outras, a producción de helio líquido".
- Lev Davidovich Landau (1962) "Pola súas pioneiras teorías na materia condensada, especialmente no helio líquido".
- John Bardeen, Leon Neil Cooper e John Robert Schrieffer (1972) "Polo seu desenvolvemento conxunto da teoría da superconductividade, usualmente chamada Teoría BCS".
- Alexei A. Abrikosov, Vitaly L. Ginzburg e Anthony J. Leggett (2003) "Polas pioneiras contribcucións a teoría dos superconductores e superfluídos".
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doutor en Física de Partículas (experimental) pola USC. Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembro de 2015. Actualmente está no Depto de Física de Partículas da USC ("Ramon y Cajal", Spanish Postdoctoral Senior Grants). Ramon Cid Manzano, profesor de Física e Química no IES de SAR de Santiago de Compostela, e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC. É licenciado en Física e en Química, e é Doutor pola Universidade de Santiago (USC). |
CERN CERN and the Environment |
LHC Detector MoEDAL |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |