Datos abraiantes

Achegándonos ao LHC

Tomados de "LHC the Guide" Communication Group

January 2008 CERN -Brochure 2008-001-Eng


Dato 1) Cando o tunel de 27 km foi excavado entre o Lago de Xenebra e o macizo do Jura, os dous finais atopáronse cunha precisión de 1 cm.


Dato 2) Cada un dos 6300 filamentos superconductores de niobio–titanio do cable producido para o LHC ten uns 0.006 mm de espesor, é dicir unhas 10 veces máis fino que un cabelo humano.


Dato 3)
 Se se unisen un detrás do outro todos os filamentos de Nb-Ti, a lonxitude obtida sería abondo para ir ao Sol e volver e aínda sobraría para unhas viaxes máis á Lúa.


Dato 4) A zona central do LHC é a máquina frigorífica máis grande do mundo. A unha temperatura máis fría que no profundo espazo exterior, contén ferro. aceiro e todos os importantes imáns superconductores.


Dato 5) A presión interior nos tubos por onde circulan os protóns é unhas dez veces máis baixa que a da superficie lunar. Trátase de ultravacío.


Dato 6) Os protóns a máxima energía no LHC viaxan a 0.999999991 veces a velocidade da luz. Cada protón dará no anel de 27 km máis de11000 voltas por segundo.


Dato 7) Á enerxía máxima, cada un dos feixes de protóns no LHC terá unha enerxía equivalente á dun tren de alta velocidade de 400 toneladas circulando a 200 km/h. Esta enerxía abonda para fundir 500 kg de cobre.


Dato 8) Non hai solpor na colaboración ATLAS. Os científicos que traballan neste experimento proceden de todos os continentes a excepción da Antártica.


Dato 9) O sistema magnético do detector CMS contén unhas 10000 toneladas de ferro, o que representa máis cantidade dese metal que o que hai na Torre Eiffel.


Dato 10) Os datos rexistrados por cada experimento no LHC son suficientes para encher aredor de 100000 DVDs cada ano.

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física e en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···