Achegándonos ao LHC
| MoEDAL (the Monopole and Exotics Detector At the LHC) é un experimento que vai na búsqueda de partículas moi exóticas: monopolos magneticos, dyons, Q-balls, restos de buratos negros, multiply charged particles e High-electric-charge compact objects (HECOs). Ten unhas dimensións modestas e estará ubicado na caverna na que se atopa o experimento LHCb, máis exactamente engadido ao VELO. | ![]() |

MoEDAL é unha colaboración formada por físicos de Canada, CERN, a Républica Checa, Alemania, Italia, Rumanía e os EEUU. O detector componse inicialmente dun conxunto de aproximadamente 400 detectores nucleares de trazas (NTDs). Cada NTD consiste nun apilamento de 10 capas de plástico o que da unha superficie equivalente de 250 m2.
En preparación para a toma de datos durante o RUN3 do LHC, o detector MoEDAL foi actualizado a MoEDAL-MAPP. O detector engadido, MAPP (MoEDAL Apparatus for Penetrating Particles), foi aprobado en 2021 para ampliar o alcance da física de MoEDAL proporcionando sensibilidade a partículas mili-cargadas e partículas exóticas de longa vida.
Como xa se indicou, MoEDAL está desplegado na rexión de intersección no Punto-8 do LHC onde está o VErtex LOcator (VELO) do detector LHCb.
Algúns resultados poden verse aquí:
2024 - MoEDAL search in the CMS beam pipe for magnetic monopoles produced via the Schwinger effect.
|
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |