SND@LHC

Achegándonos ao LHC

(Tomado de CERN Website)

SND@LHC, ou Scattering and Neutrino Detector at the LHC está designado para detectar e estudar neutrinos. SND@LHC é especialmente complementario a FASERν, subdetector de neutrinos no experimento FASER.

SND@LHC é un dispositivo compacto consistente nun branco de neutrinos seguido deseguido dun detector de muóns, os cales son producidos cando os neutrinos interactuan co branco. Este branco está feito de placas de tungsteno intercaladas con films de emulsión e dispositivos electrónicos de tracking. A emulsión revela o camiño das partículas producidas nas interaccións dos neutrinos, mentres que os dispositivos electrónicos dannos información temporal. Xunto co detector de muóns, o dispositivo de tracking tamén mide a enerxía dos neutrinos.

Como FASERν, SND@LHC é quen de detectar neutrinos de todos os tipos – electrónicos, muónicos e tauónicos. Ao contrario de FASERν, que está localizado a un lado de ATLAS ao longo da líña do feixe de protóns do LHC, SND@LHC está situado lixeiramente fóra desa liña do feixe, ao outro lado de ATLAS. Esta ubicación permite a SND@LHC detectar neutrinos producidos a pequens ángulos respecto á liña do feixe, pero lixeiramente maiores dos cubertos por FASERν.

Ver máis...

Image: CERN

 (TECHNICAL PROPOSAL SND@LHC)

 

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···