FASER

Achegándonos ao LHC

(Tomado de FASER-CERN)

FASER (Forward Search Experiment), está deseñado para buscar partículas lixeiras e de interacción extremadamente feble. A existencia destas nuevas partículas é predita por moitos modelos alén do Modelo Estándar que tentan resolver algúns dos maiores enigmas da física, como a naturaleza da materia escura, a orixe das masas dos neutrinos e o desequilibrio entre materia e antimateria no universo actual.

Os catro detectores principais do LHC, ALICE, ATLAS, CMS e LHCb, no son quen para detectar sinais de partículas lixeiras e de interacción feble producidas en paralelo á líña do feixe de protóns, porque están baleiros ao longo desa líña para deixar pasar os feixes de protóns. Situado ao longo da traxectoria do feixe, a 480 metros despois do detector ATLAS, FASER está nunha posición ideal para detectar as partículas nas que decaerán esas partículas lixeiras e de interacción feble.

FASER tamén inclúe un subdetector chamado FASERν, deseñado específicamente para detectar neutrinos. Nunca se detectou ningún neutrino producido nun colisor de partículas, a pesar de que os os producen en grandes cantidades e a altas enerxías. Por iso, as interaccións dos neutrinos a estas altas enerxías aínda no se teñen estudiado en detalle. O detector FASERν é un detector de emulsión de 25\cm×25\cm×1,35\m, composto por 1000 capas de películas de emulsión intercaladas con placas de tungsteno de 1mm de espesor, cunha masa total de obxectivo de tungsteno de 1,2 toneladas. Está situado na parte dianteira do detector principal do FASER, nunha estreita fenda excavada específicamente para o albergar.

Ver máis ...


 

Imaxe tomada de Brian Petersen – The FASER Collaboration


 

Imaxe: Institute for Fundamental Science

(University of Oregon)

 https://ifs.uoregon.edu/faser-experiment-at-cern/

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física e en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···