LHC Grid

Achegándonos ao LHC

GRID: é un servizo para compartir a potencia de computación e a capacidade de almacenamento ao través da Internet. Vai moito máis aló dunha simple comunicación entre ordenadores, poispretende converter a conexión entre ordenadores nun verdadeiro recurso computacional único e global

O experimento LHC en pleno rendemento produce aproximadamente uns 600 millóns colisións/segundo, o que implica en termos de datos 15 Petabytes ao ano, aos que accederán miles de científicos de moitas partes do mundo. A misión do LHC Computing Grid (LCG) consiste en construir e manter o almacenamento de datos e a infraestrutura para toda a comunidade de Física de Altas Enerxías que usa o LHC. 


Os datos dos experimentos do LHC son distribuídos a todas partes do mundo nun modelo de catro niveis (four-tiered model). Un primeiro "backup" será almacenado en cinta no propio CERN: o centro “Tier-0” do LCG. Despois dun procesamento inicial, os datos son distribuídos a unha serie de centros "Tier-1" , grandes centros de computación con suficiente capacidade de almacenamento e con 24 h ao día de permanente soporte para a GRID.

Os centros "Tier-1" permitirán o acceso aos datos dos centros "Tier-2". Estes consisten nunha ou varias asociacións de instalacións informáticas que poden almacenar suficientes datos e proporcionar adecuada velocidade de procesamento para as tarefas de análise de datos. Científicos de forma individual acceden a estas instalacións ao través do nivel último, "Tier-3", que consisten, por exemplo nun cluster local, nun departamento universitario ou mesmo en PC,s individuais.  

(Tomado de https://wlcg-docs.web.cern.ch/outreach/images/WLCG-Tiers-2021_v3.png)


 A LHC Computing Grid conecta ordenadores distribuídos nunha moi ampla área xeográfica. Mentres que a Web mundial permite o acceso á información, a Grid permite o acceso aos recursos dos ordenadores conectados. Estes recursos inclúen memoria de datos, enerxía de proceso, sensores, ferramentas da visualización e moito máis. A Grid pode combinar os recursos de miles de ordenadores para crear un recurso de gran alcance, accesibles desde a comodidade dun ordenador persoal e útiles para os múltiples usos en ciencia, negocios e máis alá. A Grid baséase en redes de fibra óptica dedicadas a distribuír datos desde o CERN a once centros de computación importantes en Europa, Norteamérica e Asia. Destes, os datos envíanse a máis de 140 centros en 33 países: Australia, Austria, Bélgica, Canadá, China, a república checa, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Hungría, Italia, a India, Israel, Xapón, república de Corea, os Países Baixos, Noruega, Paquistán, Polonia, Portugal, Romanía, a federación rusa, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Taibei, Turquía, o Reino Unido, Ucraína, e os Estados Unidos de América.

Para máis información visita a seguinte ligazón.


 

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···