Achegándonos ao LHC
(Tomado de https://sciencegateway.cern/science-gateway)
CERN Science Gateway é un lugar para explorar o CERN e a ciencia a través de experiencias auténticas, innovadoras e inspiradoras.
É o centro de educación e divulgación del CERN, donde os visitantes son levados a unha viaxe única baseada na proximidad física al CERN, os seus aceleradores, detectores, instalacións e persoas.
A través de multimedia, obradoiros prácticos de laboratorio, espectáculos científicos, eventos que unen ciencia e cultura, talleres de creación de prototipos de innovación e visitas a lugares auténticos do CERN, todos eles guiados polo seu persoal, os visitantes de todas as idades e procedencias poden participar nos descubrimentos, a ciencia e as tecnoloxías do CERN.
Este espazo proxecta a visión dun mundo no que a ciencia e a aprendizaxe forman parte da vida de todos.
Un edificio emblemático.
Inspirado na diversidade e a curiosidade intrínsecas ao CERN, o edificio abrangue múltiples elementos, incrustados nun bosque verde.
Cinco espazos diferentes albergan tres exposicións, dous laboratorios prácticos, un auditorio, unha tenda e un restaurante, todos conectados por unha ponte de 6 metros de altura que cruza a estrada principal fronte ao CERN.
Dous tubos suspendidos reflexan a tecnoloxía punta do complexo de aceleradores do CERN. As formas en bruto e o formigón visto representan o carácter industrial do CERN.
Case 4000 metros cuadrados de paneis solares suministran enerxía ao Science Gateway e a outros edificios do CERN. Un bosque de máis de 400 árbores e 13000 arbustos proporciona un hábitat para animais e plantas. Cando está en funcionamiento o edificio é neutro en emisións de carbono.
Ver en Galería algunhas das propostas exhibidas.
|
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |