CERN brevemente

Achegándonos ao LHC

As orixes do CERN remóntanse a 1949, cando o físico francés Louis de Broglie propuxo establecer un novo laboratorio europeo para deter o éxodo de físicos desde Europa a EEUU. Un ano despois, na conferencia da UNESCO en Florencia, o físico estadounidense Isidor Rabi proporía unha resolución que invitase a UNESCO "a asistir e a animar cara a formación e a organización de centros e de laboratorios rexionais para aumentar e facer máis fructífera a colaboración internacional de científicos".

A resolución foi unanimente adopteda e, despois doutras dúas conferencias da UNESCO, 11 países europeos acordaron a creación dun provisional Conseil Européene pour la Recherche Nucléaire (CERN). O novo consello reuníuse en Amsterdam e un lugar preto de Xenebra foi seleccionado. Aínda que xa en 1953 comezaron os experimentos no primeiro acelerador construído, non foi formalmente ata o 29 de Septembro de 1954 que o CERN foi constituído como tal a partir da ratificación dos primeiros 12 estados membros.

O sitio principal está en Meyrin (6 km de Xenebra) pero sobre a fronteira franco-suiza e hai un segundo sitio en Prevessin (Francia).


A maior parte dos 27 km do Large Hadron Collider está en Francia: a sala de control está en Prevessin e todos os detectores agás ATLAS, están tamén en (ou mellor dito, baixo) solo francés.


Os 12 estados membros foron Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemania, Grecia, Italia, Holanda, Noruega, Suecia, Suiza, Reino Unido e Iugoslavia.

Desde entón Iugoslavia desapareceu e Austria, España (realmente España abandonou o CERN en 1969 ingresando de novo en1983., Portugal, Finlandia, Polonia, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Bulgaria, Israel e Romanía foron ingresando, ao long dos anos. En Decembro de 2018 Serbia converteuse no estado membro número vintetres.

Membros Asociaados en trámites avanzados da Membresía: Chipre, Estonia e Eslovenia

Membros Asociados: Croacia, Turquía, Pakistán, Ucrania, India, Letonia e Lituania

Xapón, e EEUU teñen estatus de Observador, como a UE e a UNESCO. Rusia perdeu a condición de Observador ata nova orde, debido á invasión de Ucraína.

Non Estados Miembros, con acuerdos de cooperacións, levados na actualidade en programas do CERN son: Albania, Arxelia, Arxentina, Armenia, Australia, Acerbaixán, Bangladesh, Belarús, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Croacia, Ecuador, Exipto, Estonia, Xeorxia, Islandia, Irán, Xordania, Lituania, Macedonia, Malta, México, Mongolia, Montenegro, Marrocos, Nova Zelandia, Perú, Arabia Saudí, Sudáfrica, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos e Vietnam

Tomando datos de 2019, o CERN recibe contribucións de estados cunha poboación de arredor de 650 millóns de habitantes. A media total desa contribución por persoa/ ano é de arredor de 2 Euros por habitante/ano.

Estímase que a metade dos 13000 físicos de partículas do mundo están involucrados en experimentos do CERN. Arredor de 4500 son dos 20 estados membros, e outros proceden de Rusia (744), EEUU (586) e Xapón (103).


 

(Tomado de CERN Website)


 Na 173rd Closed Session do 4 de novembro de 2014, o CERN Council seleccionou á física italiana Fabiola Gianotti como Directora Xeral do CERN. O mandato da Dra Gianotti foi do 1 de Xaneiro de 2016 ata o fin de 2020. Na súa Sesión 195 o CERN Council nomeouna para un segundo mandato. Este novo nomeamento vai do 1 de xaneiro de 2021 a decembro de 2025. Esta é a primeira vez na historia do CERN que a Dirección Xeral foi prorrogada para un segundo mandato completo.

Fabiola Gianotti foi incluida entre as "100 mulleres máis inspiradoras" polo xornal The Guardian (Reino Unido, 2011), ocupou o 5º posto no ranking de Personalidade do Ano da revista Time (Estados Unidos, 2012) e foi incluida entre as "100 mulleres más influintes" pola revista Forbes (Estados Unidos, 2013 e 2017).


 (*) Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física e en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···