LHC Run 3

Achegándonos ao LHC

Texto basado en Large Hadron Collider restarts (CERN Website) e What’s new for LHC Run 3? By Sarah Charley. Symmetry (A joint Fermilab/SLAC publication)

A terceira fase experimental del LHC, Run 3, permite aos experimentos da máquina recopilar datos das colisiones non só a enerxías record, senón con outros parámetros nunca antes conseguidos, debido ás melloras implementadas.

Un dos principais obxectivos da Long Shutdown (LS2) foi actualizar e mellorar o complexo de aceleradores do CERN. A partir do novo Linac4, as partículas inxéctanse no complexo de aceleradores do CERN en paquetes cada vez máis grandes (e cada vez máis potentes), para ser inxectados finalmente no LHC e noutras áreas experimentais. (Máis información aquí)

Para a próxima parada longa (LS3) está prevista unha gran mellora do propio LHC. Durante esa parada longa (LS3), o LHC se convertirá en el LHC de alta luminosidad (LH-LHC), que terá unha tasa de colisión cinco veces maior ca do deseño orixinal do LHC. Pero o LHC tamén foi sometido a algunhas melloras durante a parada LS2 co fin de obter un hfeixe de protóns máis intenso. De especial relevancia son dúas novas características: a primeira é un aumento do 4,5% na enerxía -de 13 TeV a 13,6 TeV- que dará aos científicos un impulso na procura de nova física e fenómenos raros. A segunda é un incremento do 50% na tasa de colisións combinado co aumento da luminosidade, un proceso no que os ángulos de cruce e o tamaño do feixe de protóns axústanse continuamente para manter un fluxo constante de colisións durante unhas 10 a 15 horas.

Os experimentos ATLAS  e  CMS van recibir máis colisións durante este Run que as habidas en conxunto nos dous Run anteriores, mentres que LHCb, que foi renovado por completo durante o LS2, vai recibir o triple de colisións. Por outra parte, ALICE, pode incrementar en cincuienta veces o número de colisións recopiladas (máis información na Sección Detectores).

Este número sen precedentes de colisións permitirá aos equipos internacionais do CERN e do resto do mundo estudar o bosón de Higgs en gran detalle e someter ao Modelo Estándar da física de partículas e as súas diversas extensións ás probas máis estrictas ata o momento.

Outras cuestións de interese neste Run 3 inclúe a operación de dous novos experimentos, FASER e SND@LHC, designados para buscar física alén do Modelo Estándarl; colisións especiais protón–helio para medir cantos antiprotóns se producen neses eventos; e colisións implicando ions osíxeno o que mellorará o coñecemento da física dos raios cósmicos e do plasma quark–gluón, un estado da materia que existiu inmediatamente despois do Big Bang.

Esta terceira fase experimental extéendese ata finais do 2025.

 

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física e en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···