Wandering the Immeasurable

Achegándonos ao LHC

«Vagando polo inconmensurable» (ou tamén “Peregrinando polo infinito”) é unha grande escultura da artista canadense Gayle Hermick, ubicada no campus do CERN, entre o Globe e o edificio CERN Science Gateway.

Adopta a forma de unha cinta de aceiro que se enrola e desenrola sen cesar para representar as infinitas posibilidades, e que abarca case 4.000 años, xa que percorre parte da historia do coñecemento científico e técnico en todo o mundo.

A un lado da cinta, 396 descubrimentos importantes están inscritos na súa lingua de orixe, acompañados dos nomes dos seus descubridores.

Na outra cara da cinta, Hermick mostra a linguaxe da ciencia. Desde o famoso teorema de Pitágoras ata a críptica ecuación lagrangiana do Modelo Estándar da Física de Partículas, o alfabeto matemático vólvese máis complexo canto máis se desenrola a cinta.

A escultura ten numerosas conexións simbólicas co CERN, sobre todo desde o punto de vista tecnolóxico, xa que a escultora elixiu traballar cun metal industrial, o aceiro inoxidable, que tivo que ser cortado con láser. Tamén desde o punto de vista da diversidad, pois ao conceder un posto de honra a homes e mulleres de todo o mundo que contribuiron á ciencia ao longo do tempo, a obra de Hermick reflicte a natureza do CERN, cuxa propia existencia basease na colaboración internacional. Por último, esta escultura serve de ponte entre a ciencia e a sociedade. Permite aos visitantes comprender unha parte da historia da ciencia, desde os seus inicios ata os nosos días. Esta función educativa é tamén un dos obxectivos fundamentais do CERN

Máis aquí... e aquí

AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···