Achegándonos ao LHC

INICIO CERN LHC FÍSICA NO LHC DETECTORES MODELO ESTÁNDAR EDUCACIÓN LIGAZÓNS NOVAS E MÁIS GLOSARIO

NOVAS: Siga as novas...

 FÍSICA DE PARTÍCULAS NO MUNDO
 

IGFAE, SANTIAGO
O Instituto Gallego de Física de Altas Energías (IGFAE) é un centro de investigación pertencente  á  Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia. Abrangue tanto  o campo experimental como teórico, dirixido  á comprensión da estructura da materia e o universo,  e as súas aplicacións. Inclúe instrumentación científica avanzada, tecnoloxías GRID,  microelectrónica, enerxía solar, etc. O Grupo Experimental de Altas Enerxías é unha parte do IGFAE.

IFAE, BARCELONA (ESPAÑA)
IFAE é un consorcio da Generalitat de Catalunya e a Universidade Autónoma de Barcelona Dirixe investigacións no campo experimental e teórico nas fronteiras da Física fundamental, especialmente en Física de Particulas, Astrofísica e Cosmoloxía.

IFCA, CANTABRIA (ESPAÑA)
O Instituto de Física de Cantabria é un consorcio do CSIC e a Universidade de Cantabria (UC). O seu obxectivo é a investigación “ciencia básica” relacionada coa Astrofísica e a Estructura da Materia.

IFIC, VALENCIA (ESPAÑA)
O Instituto de Física Corpuscular e un consorcio do CSIC e a Universidade de Valencia dedicado á investigación teórica e experimental nos campos da física de partículas, física nuclear, cosmoloxía, astropartículas e física médica.

CSIC (ESPAÑA)
O Consello Superior de Investigacións Científicas é a máis grande organización pública de investigación en España. Depende do Ministerio de Ciencia e Investigación e leva a cabo investigación en moitos campos de diversas ciencias a longo de máis de 100 centros en toda España.

CIEMAT, MADRID (ESPAÑA)
O CIEMAT, adscrito ao Ministerio de Ciencia e Innovación, e é un Organismo Público de Investigación de excelencia en materias de enerxía e de medio ambiente, así como en múltiples tecnoloxías de vangarda e en diversas áreas de investigación básica.

BINP, Rusia
O Instituto Budker de Física Nuclear é o principal centro para a investigación en física nuclear en Rusia. Nel está, ademais emprazado o Centro de Radiación Suncrotrón Siberiano.

BNL, EEUU
O Laboratorio Nacional Brookhaven (BNL) é un gran e multidisciplinar centro de investigación. Nel ubícase o RHIC (Relativistic Heavy-Ion Collider).

CCLRC, GB
O Council for the Central Laboratory for the Research Councils (CCLRC) alberga os laboratorios Rutherford Appleton e Daresbury, que son a referencia británica en física de partículas, ciencia de aceleradores e fontes de luz.

CERN
A Organización Europea para Investigación Nuclear (CERN) é o maior centro mundial de investigación nuclear. As partículas W e Z foron descubertas no CERN, e nel naceu a World Wide Web. Dende 2008, o seu máis grande acelerador, LHC, é o maior colisionador de partículas do mundo.

CORNELL, EEUU
A Universidade de Cornell alberga o CESR, colisionador electrón-positrón, e é un importante centro de I+D para aceleradores de partículas .

DAPNIA, Francia
O laboratorio DAPNIA está adicado á investigación das leis fundamentais do universo. Inclúe investigación en astrofísica, física de partículas e física nuclear.

DESY, Alemaña
O Sincrotrón de Electróns Alemán (DESY) é un dos líderes mundiais en aceleradores de partículas. É un centro de investigación nacional ubicado en Hamburgo e Zeuthen, preto de Berlin. Alberga o colisionador HERA, e é un importante centro para investigación de fontes de luz.

FNAL EEUU
O Laboratorio Nacional Fermi (FNAL) é a sede do Tevatrón, o segundo máis poderoso acelerador de partículas do mundo. Ten sido o escenario de importantes descubrimentos, incluíndo o do quark top .

IHEP, China
O Instituto de Física de Altas Enerxías (IHEP) é o máis grande centro de investigación fundamental en China. O seu campo máis importante de investigación é a física de partículas, os aceleradores de partículas e a súas tecnoloxías e aplicacións asociadas.

IHEP, Rusia
O Instituto de Física de Altas Enerxías da Federación Rusa, situado en Moscova, é un dos centros máis importantes de Rusia para a física de partículas.

JINR, Rusia
Situado en Dubna, preto de Moscova, o Joint Institute for Nuclear Research (JINR) e únha organización intergobernamental fundada en 1956, que comprende actualmente 18 estados membros. A súa misión é o estudo das propiedades fundamentais da materia.

KEK, Xapón
É a principal acelerador de partículas de Xapón, e alberga o experimento BELLE, sendo ademais un importante centro de I+D no campo dos aceleradores.

LAL, Francia
O Laboratorio Acelerador Linear (LAL) preto de Paris leva 50 anos como referencia. A súa principal área de investigación é a física de partículas, complementada cunha tamén importante relación coa cosmoloxía e a astrofísica.

LNF, Italia
O Laboratorio Frascati (LNF) próximo a Roma é a sede de DAFNE, un colisiondor electrón-positrón de alta intensidade onde se levan adiante estudos de alta precisión.

LNGS, Italia
O Laboratorio Gran Sasso (LNGS) é o máis grande laboratorio subterráneo do mundo para a física de partículas e a astrofísica.

PSI, Suiza
O Instituto Paul Scherrer é a sede da Fonte de Luz Suiza, traballando tamén no campo da física de partículas.

RAL, GB
O Laboratorio Rutherford Appleton, está dirixido cara a física de partículas e álberga a Fonte de Luz Diamante.

SLAC, USA
O Centro do Acelerador Linear de Stanford (SLAC) alberga o experimento BaBar, e é un importante centro de investigación científica en fontes de luz.

TRIUMF, Canadá
O Laboratorio TRIUMF en Vancouver é o laboratorio nacional de Canada para a física nuclear e de partículas.

LIST OF ACCELERATORS IN PARTICLE PHYSICS




© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO | Deseño orixinal de Gabriel Morales Rey