Ademais de curvar axeitadamente a traxectoria dos protóns, é tamén preciso focalizalos. En efecto, dado que os protóns se repelen entre eles o feixe de protóns tende a diverxer e daquela a chocar coas paredes interiores do tubo. A conseguinte deposición de enerxía podería causar a perda das condicións de superconductividade no imán ("quench").
Esta focalización é conseguido con cuadrupolos magnéticos, os cales actúan sobre o feixe de partículas cargadas (protóns neste caso) do mesmo xeito que as lentes o fan sobre a luz (por iso fálase de "óptica magnética").
Así, imaxinemos que as partículas positivas (protóns no LHC) veñen desde a dereita da imaxe.
O primeiro cuadrupolo toma o control sobre a dirección horizontal do feixe contraéndoo nesa dirección, mentres que o segundo cuadrupolo fai o mesmo na dirección vertical.
Os dous cuadrupolos traballando conxuntamente manteñen os protóns estreitamente empaquetados para que o maior número de colisións podan ocorrer.
Os que focalizan no plano horizontal son chamados QF e os que o fan no vertical son referidos como QD.
Nos arcos a máquina contén alternadamente cuadrupolos QF e QD, polo que o efecto global é manter o feixe enfocado.
O efecto alternativo de focalización provoca nos protóns unha oscilación arredor do centro do tubo. O número de oscilacións por volta é coñecido como Q ou "tune" (afinación).
Hai un total de 858 cuadrupolos magnéticos.
Pero hai moitos protóns, e cada un ten unha moi lixeiramente distinta enerxía que o resto, seguindo unha traxectoria específica. Polo tanto, diferentes valores de Q son precisos. Os cambios de Q coa enerxía chámase cromaticidade, e os sextupolos son encargados desta tarefa.
Ademáis, outra serie de multipolosaxudan na focalización e aseguran as correccións necesarias debidas a outras interaccións como a gravitatoria sobre os protóns, a electromagnéticas entre paquetes, as creadas por nubes de electróns que se asocián desde as paredes dos tubos, etc.
Sextupolo, teñen por funcion correxir a cromaticidade, é dicir corrixe ás particulas con enerxias diferentes á nominal.
Multipolos (na figura octupolo) para correccións non lineais.
See more about the diferents types of magnets in LHC.
Sextupolo Octupolo
A figura seguinte mostra o agrupamento multipolar magnético básico (FODO-cell), de 110 m , no LHC.
Os dipolos e cuadrupolosmanteñen en órbitas estables aos protóns coa enerxía correcta, mentres que os sextupoloscorrixen as traxectorias dos protóns que teñen enerxías lixeiramente diferente á desexada. Os outros multipoloscompensan as imperfeccións do campo magnético.
Ademais dos imáns xa citados temos de considerar os chamados"Inner triplets" que son os encargados de modificar a traxectoria paralela dos dous feixes para que se crucen no punto de interacción de cada detector. Baixo a acción deste imán, cada "bunch" é compactado para acadar a maior densidade posible no punto de colisión. Así, pásase dunha sección de 0,2 mm lonxe do detector a 16 micras no momento do cruce (Interaction Points - IP).