O incumprimento da simetría CP tivo como sustento teórico o proporcionado en 1973 por Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa (premiados co Nobel 2008, xunto a Yoichiro Nambu), que sinalaron, ademais, que esa violación se seguiría automáticamente se había a lo menos seis tipos -sabores- de quark. Anos despois, os dous quarks que faltaban - beauty e top - foron descubertos.
O interese pola violación CP non só está dirixido cara as partículas elementais senón tamén cara a cosmoloxía, pois hai que explicar a dominanza da materia fronte a antimateria, o que podería estar relacionado coa referida violación CP. O experimento LHCb mellorará significativamente os resultados obtidos anteriormente noutros experimentos (Belle e Babar), tanto cualitativa como cuiantitativamente, grazas ao gran número de diferentes clases de hadróns producidos a partir das colisións protón-protón no LHC.
Os mesóns B aparecen con máis probabilidade preto da dirección dos feixes de protóns, por iso o detector LHCb está deseñado de forma que os detectores forman un ángulo de menos de 50º coa dirección dos feixes. Ademáis soamente foi construída unha das dúas partes (desde o punto de colisión cara un dos lados), sendo pois un detector diferente ao outros tres, que se poden entender como detectores de tipo cilíndrico.
As partes fundamentais do detector son o vertex detector, que mide as trazas das partículas cargadas, e o Ring-Imaging Cherenkov - RICH - que identifica as diferentes clases de partículas producidas.
Algúns cálculos ...