|
Por exemplo, a supercompañeira do electrón (fermión) é o chamado selectron (bosón). As supercompañeiras dos quarks (fermións) son os squarks (bosón), mentres que a dun fotón (bosón) é o fotino (fermión). Estas partículas supersimétricas, ou spartículas, teñen a mesma carga pero obviamente spin diferente ao da súa compañeira. Así, por exemplo, o electrón ten spin 1/2, mentres que o selectrón ten de spin 0: e o fotón ten spin 1, mentres que o fotino ten spin 1/2.
A Supersimetría describe unha nova imaxe do noso universo formado por pares de partículas, do que habitualmente só podemos ver unha delas. Quizais as outras sexan as responsables da misteriosa "materia escura".
|

|
|
Aínda que non teñen sido observadas, pode que aparezan como resultado das colisións no LHC.
As partículas supersimétricas poderían proporcionar un camiño para a unificación (Grand Unification, grand unified theory, GUT) de tres das forzas fundamentais: a electromagnética, a feble e a forte, que estaría situada a enerxías extremadamente altas da orde de 1016 GeV.
A Supersimetría, en particular unha versión chamada modelo supersimétrico minimal, acada esa unificación dun xeito máis natural, Predí 5 tipos diferentes de bosóns de Higgs o que implica un proceso máis complicado para comprender como as partículas adquiren masa, se o comparamos co Modelo Estándar que soamente precisa dun Bosón de Higgs.
|