Onde a Web naceu

Achegándonos ao LHC

En 1989, Tim Berners-Lee, un xove científico que traballaba no CERN, creou o  HYPERTEXT para permitir unha mellor comunicación entre os científicos que estaban traballando en diferentes proxectos.

Coa axuda de Robert Caillou e un pequeno equipo creouse o HTML, http, URLs, o primeiro Servidor, o primeiro navegador e o primeiro editor html.

Más sobre esta historia en

The birth of the Web | CERN

 
Cando o CERN decidiu permitir a libre distribuzón da Web o seu progreso foi imparábel.

Dun  único servidor ao comezo dos 90 téñense sobrepasado xa os 45 millóns. Nun mundo gobernado polos intereses económicos, chama a atención a absoluta transparencia coa que traballa esta institución e a súa xenerosa decisión en relación á WWW.

Agora, é o tempo dunha nova rede: G R I D.

 


Berners-Lee usou a computadora NeXTcube no CERN como primeiro servidor web do mundo. Esta máquina (que entrou no mercado a finais de 1988) foi creada en base ao microprocesador Motorola 68030, a 25 MHz, que foi a máis potente no seu momento.

Taken from https://es.m.wikipedia.org/wiki/Archivo:First_Web_Server.jpg


Unha enquisa "online" dirixida por CNN news group en 2007 situou the World Wide Web como a primeira das sete marabillas modernas do mundo.

A World Wide Web gañou cun 50 % dos votos (3665 votos). O segundo foi o CERN outra vez, co 16 % dos votantes (1130 votos) premiando así ao acelerador LHC.

Outras das obras que foron consideradas entre as marabillas modernas son a Presa das Tres Gorxas de China, o Túnel da Mancha e o viaducto Millau de Francia.

Unha placa, situada nun corredor do edificio 2 do CERN en Meyrin, lembra o nacemento da WWW. Trátase dun lugar absolutamente "impersonal" como calquera outro, onde Tim Berners Lee e Robert Caillou, usando un NeXTcube, una computadora de NeXT, crearon o primeiro servidor web da historia. A pesar da modestia do lugar, e de que moitos descoñecen o feito de que a WWW naceu no CERN, estamos a falar dun fito fundamental da historia moderna da humanidade.

O texto desa placa di:

Nos despachos deste corredor todas as tecnoloxías fundamentais da World Wide Web foron desenvolvidas.

Comezou en 1990 como resultado do traballo iniciado por Tim Berners-Lee en 1989, sendo desenvolvido primeiramento este esforzo entre un despacho de edificio 31 do Computing and Networking Division (CN) e outro do edificio 2 da Electronics and Computing for Physics Division (ECP).

En 1991 o equipo trasladouse a estes despachos, daquela pertencentes á ECP. Estivo composto por dous membros do staff do CERN, Tim Berners-Lee (GB) e Robert Cailliau (BE), axudados por un número de Fellows, Technical Students, a Cooperant e Summer Students.

A finais de 1994 Tim Berners-Lee deixou o CERN  para dirixir o WWW consortium (W3C), unha organización a nivel mundial adicada a levar a Web ao seu máximo potencial. O W3C foi fundado coa axuda do CERN, a Comisión Europea, o Massachusetts Institute of Technology (MIT), o Institut National pour la Recherche en Informatique et en Automatique (INRIA), e o Advanced Research Projects Agency (ARPA).

En 1995 Tim Berners-Lee e Robert Cailliau recibiron o ACM Software System Award pola World Wide Web. En 2004, Tim Berners-Lee foi premiado co primeiro Millenium Technology Prize otorgad pola Finnish Technology Award Foundation.

The CERN Library

Xuño 2004


Para ter máis información sobre como o CERN contribúe á sociedade pódese visitar o seguinte Sitio Web do CERN:

https://home.web.cern.ch/about/what-we-do/our-impact


 


AUTORES

Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor.  Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID).

Ramon Cid Manzano, foi profesor de Fïsica y Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado nol Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata oseu retiro en 2020. É licenciado en Física e en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID).


CERN


CERN WEBSITE

CERN Directory

CERN Experimental Program

Theoretical physics (TH)

CERN Experimental Physics Department

CERN Scientific Committees

CERN Structure

CERN and the Environment

LHC


LHC

Detector CMS

Detector ATLAS

Detector ALICE

Detector LHCb

Detector TOTEM

Detector LHCf

Detector MoEDAL

Detector FASER

Detector SND@LHC

 


NOTA IMPORTANTE

Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias

 


© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es  | SANTIAGO |

···