Achegándonos ao LHC
Os estudos e investigacións levadas a cabo en todo o mundo por mor da construcción do LHC teñen sido fundamentais á hora de impulsar a tecnoloxía da superconducción a un moi alto nivel, pero tamén ten amosado claramente que a tecnoloxía baseada na aleación NbTi ten acadado o seu límite de funcionamento (arredor de 9T). Para ir máis aló (e cruzar o limiar dos 10 T mantendo as marxes operacionais de temperatura), faise preciso cambiar de material superconductor.
Nb3Sn é o único material superconductor que pode ser seriamente considerado nun horizonte dunha decena de anos e coa perspectiva do 2015 para reemprazar os imáns nas rexións de interacción. O Nb3Sn ten o potencial para operar nun rango de 10 a 15 T, pero ten a desvantaxe de que unha vez formado vólvese quebradizo e moi sensible á tensión. Nos EEUU, o Departamento de Enerxía ten promovido notables esforzos en I+D no campo do Nb3Sn para os próximos anos. Estas actividades están coordinaadas polo programa chamado US-LHC Accelerator Research Program(LARP). En paralelo, un consorcio de 7 institutos europeos(CCLRC/RAL no Reino Unido, CEA en Francia, CERN, CIEMAT en España, INFN en Italia, Twente University en Holanda e Universidade de Tecnoloxía de Wroclaw en Polonia) están traballando no chamado Next European Dipole (NED). Esta actividade común de investigación está incluída no Coordinated Accelerator Research Projecte(CARE) financiado en parte pola Comisión Europea. |
Os obxectivos de NED e LARP son totalmente compatibles e complementarios. Máis que competir, os seus propósitos son sinerxéticos, e apóianse entre sí. Ámbolos dous contan con todo o apoio desde o CERN.
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |