Achegándonos ao LHC
Potencia. Cando o LHC está en funcionamento a potencia media alcanza para todo o CERN picos de uns 200 MW (usualmente de mayi a mediados de decembro), o que ven sendo unha terceira parte da cantidade necesaria para abastecer de electricidad a Xenebra. Dese valor, a contribución para o LHC es de arredor de 115 MW. Durante o inverno, cando o complexo de aceleradores está en parada, a potencia baixa a valores duns 80 MW. Enerxía. Asumindo 200 MW de maio a mediados de decembru, e 80 MW para o resto do ano: [200 x (7.5 x 30 x 24)] +[80 x (4.5 x 30 x 24)] Consumo ~ 1.3 TWh por ano De media, oconsumo eléctrico doméstico en España é de arredor de 3500 kWh/ano, así que 1.3 TWh abonda para abastecer electricamente a unhas 370000 casas españolas ao ano. No seguiete gráfico vemos como se vai modificando o consumo eléctrico nun intervalo recente de 10 anos. ![]() O consumo de enerxía depende do ano concreto, e dentro dese ano vai sufrir cambios mes a mes, segundo os requerimentos dla programación experimental. Precisamente, despois da primeira parada longa (LS1), as melloras realizadas incrementarán a factura anual de electricidade do CERN nun 20% chegando a 60 millóns de euros. Con todo, arredor do 90 % do cosumo total está vinculado ás operacións cos aceleradores. Para minimizar esta consumo, novas accións cun criterio centrado na eficiencia enerxética están en continua aplicación. Vexamos algúns datos sobre o consumo eléctrico do CERN no ano 2018: O CERN non produce ningunha da enerxía que consume, aínda que posúe xeradores diésel como recurso de urxencia para servicios esenciais en caso de cortes de enerxía. Cando o CERN foi establecido en 1954, unha subestación eléctrica na parte suiza bastaba para as necesidades do laboratorio.
Setenta anos despois, o CERN é alimentado pola red eléctrica francesa a través dunha líña aérea de 400 kV que chega á subestación de Bois‐Tollot, preto do sitio do CERN en Prévessin. Esta líñ é propiedade de RTE, empresa frances de transporte eléctrico. O CERN ten un contrato de suministro coa compañía eléctrica francesa EDF. Unha conexión adicional coa rede suíza é utilizadasada para caso de emerxencia ou durante operacións de mantemento. Esta líña d 130 kV está limitada a 60 MVA (60 MW). Subestación do CERN en Prévessin. (Imaxe: CERN)
Estas gráficas e datos foron tomados dos paneis informativos presentados no 2019 CERN Open Days.
De onde vén esa enerxía? |
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |