Achegándonos ao LHC
Os profesores e profesoras de Física de Ensino Secundario adoitan mencionar o LHC ou o CERN basicamente debido ao enorme tamaño dos dispositivos utilizados e tamén á gran cantidade de científicos e científicas involucrados no seus experimentos.
Imaxes impresionantes do acelerador ou dos detectores aparecen nos libros de texto para acompañar o inicio dun determinado tema. Sendo esta aproximación correcta, pois pode espertar a curiosidade dos alumnos e alumnas, é porén incompleta dadas as posibilidades didácticas que se pode derivar do estudo dos fenómenos que están presentes neste experimento.
O obxectivo desta Sección é introducir uns poucos cálcuilos simples sobre a física que está detrás dalgúns dos fenómenos que teñen lugar no LHC.
Téñase presente que imos considerar en xeral os parámetros correspondentes ao arranque inicial do LHC, polo que se deberían actualizar, chegado o caso, cos valores que correspondan ao momento concreto que se desexe avaliar.
Poden ser usados no aula para estimular a curiosidade dos estudantes, axudarlles a entender os conceptos físicos, e como un exemplo da relación existente entre "as frías ecuacións" da física no encerado, e o excitante traballo que hai detrás da investigación científica.
Os cálculos que ides atopar nesta Sección están adaptados á Física de Secundaria, e en moitos casos non son máis que moi simples aproximacións aos resultados correctos.
Se se atopasen erros non se dubide en facérnolo saber para que tentemos arranxálo o máis axiña posible.
Se se desexa unha máis específica información débese ir aos respectivos websites do CERN, LHC e os seus experimentos.
AUTORES Xabier Cid Vidal, Doctor en Física de Partículas (experimental) pola Universidad de Santiago (USC). Research Fellow in experimental Particle Physics no CERN, desde xaneiro de 2013 a decembroe de 2015. Estivo vencellado ao Depto de Física de Partículas da USC como becario "Juan de la Cierva", "Ramon y Cajal" (Spanish Postdoctoral Senior Grants), e Profesor Contratado Doutor. Desde 2023 é Profesor Titular de Universidade nese Departamento (ORCID). Ramon Cid Manzano, foi catedrático de Fïsica e Química no IES de SAR (Santiago - España), e Profesor Asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da Universidad de Santiago (España), ata o seu retiro en 2020. É licenciado en Física, licenciado en Química, e Doutor pola Universidad de Santiago (USC).(ORCID). |
CERN CERN Experimental Physics Department CERN and the Environment |
LHC |
NOTA IMPORTANTE
Toda a Bibliografía que foi consultada para esta Sección está indicada na Sección de Referencias
© Xabier Cid Vidal & Ramon Cid - rcid@lhc-closer.es | SANTIAGO |